CRUCEIRO DO CAMPO DA PONTE
AS MIRÁNS
ARAÑO
RIANXO
As Miráns
As Miráns é unha das 25 entidades de poboación da parroquia do Araño, no concello coruñés de Rianxo.
A distribución da súa poboación é irregular, dada a extensión do lugar cara distintas direccións, xa che cruza dun lado a outro o río Té.
Pódese acceder ó centro das Miráns dende varias pistas que dan á C-550 (Comarcal que une Padrón e Ribeira) arredor do quilómetro 10 e 11.
Economía
Aínda que a maioría da poboación vive da agricultura ou traballa na industria, atopamos nas Miráns establecementos de turismo rural e hostalería.
Patrimonio
Nas Miráns hai varios cruceiros, hórreos, un pombal reconvertido para o seu uso en turismo rural, nunha aldea rural na que tamén se atopan (traídas dende outras aldeas) un antigo muíño restaurado sobre o río Té, e varias pías.
Nas Miráns tamén se atopou en 1907 unha estela funeraria romana, unha lápida exhibida na Exposición Rexional Galega de 1909, e actualmente exposta no Museo Provincial de Pontevedra.
A carón do río Té está o roteiro dos muíños. Á beira do río está o Campo da Ponte, unha área recreativa con merendoiro, sitios onde preparar comidas campestres, bancos e mesas de pedra, un cruceiro, e unha ponte sobre o río.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901