domingo, 8 de septiembre de 2024

CRUCEIRO PETO DE SANTA LOTA - O RABADO - ARAÑO - RIANXO

 CRUCEIRO PETO DE SANTA LOTA

O RABADO

ARAÑO

RIANXO

     Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto.

     Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie.

     No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.

O Rabado
       O Rabado é un lugar da parroquia do Araño no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 55 habitantes (23 homes e 32 mulleres).

O Araño
       Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo.

       O padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

Xeografía
      A parroquia está cruzada polo río Té e mailos regatos de Batán e do Muíño do Conde. O pico Muralla, con 678 metros de altitude, é o punto máis alto do seu termo, seguido polo Castro Barbudo, con 327 metros.

Patrimonio
      Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de alchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.

      Tamén é salientable o Pazo dos Calotes, actualmente en restauración.

     Próximo á igrexa atópase o castro de Araño, no que se acharon muíños de man e restos de cerámica.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901