CRUCEIRO
DO
SANTO CRISTO DOS AFLIXIDOS
COVELO
No centro da vila de Covelo, fronte a Casa do Concello atópase este monumental cruceiro.
Foi mandado construír polo veciño da vila Juan Antonio Tielas Fontán no ano 1899, e o encargado da obra foi o coñecido Xosé Cerviño, a quen tamén se lle atribúe o nome da obra como “cruceiro de Cerviño” e autor do cruceiro máis famoso de Galicia, o cruceiro de Hio, no Morrazo.
A principal curiosidade do cruceiro está sobre a súa base onde se atopan varios figuras que non teñen nada en común co mensaxe relixioso habitualmente ensinado nestas obras.
Hai moitas interpretacións, mais a que conta coa maior aceptación vén dicindo que as figuras simbolizan a agricultura, a industria, a xustiza e as artes.
Tratando de dar unha visión de progreso ante a entrada no novo século.
Tamén hai dúas figuras de significado relixioso, o Salvador e Santiago Peregrino.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901