EIRA DE MEIQUIZ
MEIQUIZ
LEIRO
RIANXO
Meiquiz
Meiquiz é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.
Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 80 habitantes (41 homes e 39 mulleres).
Leiro
Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo.
Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.
Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado.
Patrimonio
Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.
Festas
As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.
Lugares de Leiro
Abuín, Brión, Cabanas, A Igrexa. Meiquiz, Or, Palleiro, A Pedreira, Rañó, Rial.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901