CAPELA DOS MILAGRES
ARAÑO
RIANXO
Capela dos Milagres
Pequena ermida construída en 1972 e emprazada na contorna da Igrexa de Santa Baia do Araño, entre os lugares de Traba e A Capela.
Planta rectangular formada por dous volumes: un pequeno corpo con cuberta a unha auga de tella e acceso lateral, e un soportal dianteiro con cuberta a catro augas.
Baixo o soportal, un altar e un banco de granito, situados fronte á fornela que contén a imaxe da Virxe dos Milagres, a cal é venerada nas Festas dos Milagres, que son as festas grandes do verán en Araño, a comezos do mes de agosto.
O Araño
Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.
Xeografía
A parroquia está cruzada polo río Té e mailos regatos de Batán e do Muíño do Conde. O pico Muralla, con 678 metros de altitude, é o punto máis alto do seu termo, seguido polo Castro Barbudo, con 327 metros.
Patrimonio
Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de alchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.
Tamén é salientable o Pazo dos Calotes, actualmente en restauración.
Próximo á igrexa atópase o castro de Araño, no que se acharon muíños de man e restos de cerámica.
MAPA
Fuente: Web obauxoulla.gal
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901