CRUCEIRO DE OUZAMERXE
LAGARTÓNS
A ESTRADA
Ouzamerxe
Ouzamerxe é un lugar da parroquia de Lagartóns no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Sitúase a carón de Ouzamerxe (Guimarei).
Lagartóns
Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.
Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes.
En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.
Patrimonio
Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.
Festas
Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar. Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras. Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.
Comarca de Tabeirós
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.
A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901