domingo, 26 de noviembre de 2017

MUIÑOS DO POZO - CEDEIRA - REDONDELA

 MUIÑOS DO POZO
CEDEIRA
REDONDELA


Cedeira
     Santo André de Cedeira é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.023 habitantes (1.050 mulleres e 973 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.159 habitantes.



Lugares de Cedeira
     A Aldea, O Cruceiro, A Eira Pedriña, A Formiga, Fortóns, A Portela, Rande

 

Redondela
     Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2014 tiña 29.909 habitantes, dos cales 14.656 eran varóns e 15.253 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 574,1 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.



Situación
      O concello está emprazado no suroeste de Galicia, na marxe sur da Ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.



     A marca característica da vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: O viaduto de Madrid e o viaduto de Pontevedra. No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pero aínda non foi resolto. Debido a estas infraestruturas Redondela é coñecida baixo o alcume de "Vila dos viadutos".



     O máis antigo é o viaduto de Madrid. A súa construción combinou a técnica vangardista do ferro e a tradicional cantaría dando como resultado unha ponte de ferro sostido por piares de pedra, e foi construído pola empresa francesa Compagnie des Fives Lilles. Rematouse en 1876 e conta con 411 metros de lonxitude incluídos os extremos de acceso. A primeira locomotora cruzou o viaduto o 30 de xuño de 1876. Cóntase que Pedro Floriani, un dos contratistas ou subcontratistas do viaduto tentou suicidarse lanzándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo baixo a desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. Malferido conseguiu sobrevivir o suficiente como para ver pasar a primeira locomotora. O viaduto deixou de prestar servizo en 1971.


     O Viaduto de Pontevedra inaugurouse o 30 de xuño de 1884, pola necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. A diferenza do de Madrid, a estrutura está soportada por piares metálicos. Aínda está en servizo.


Igrexas
     De todas formas é necesario destacar a importancia da igrexa parroquial de Santiago de Redondela e da igrexa barroca de Cedeira.



    Igrexa de Santiago de Redondela: situada no casco antigo, na súa zona máis alta, está situado en pleno camiño de Santiago. Despois de múltiples reconstrucións a igrexa actual está datada no século XVI e é de estilo gótico tardío.


    Igrexa parroquial de Cedeira: no século XVIII procédese á ampliación da ata daquela pequena igrexa parroquial, e contrátase para tal obra ó arquitecto de moda da época, o arquitecto Fernando de Casas Novoa, que nese momento estaba en plena construción da fachada do obradoiro da catedral de Santiago. En Cedeira realiza unha igrexa barroca de cruz latina cunha soa nave distribuída en dous tramos que se mantivo de forma case inalterada.



    Capela da Virxe das Neves: atópase na parroquia do Viso, no alto do Monte da Peneda.



Parroquias de Redondela
     Cabeiro (San Xoán), Cedeira (Santo André), Cesantes (San Pedro), Chapela (San Fausto), Negros (Santo Estevo), Quintela (San Mamede), Reboreda (Santa María), Redondela (Santiago), Saxamonde (San Román), Trasmañó (San Vicente), Ventosela (San Martiño), Vilar de Infesta (San Martiño)  O Viso (Santa María)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901