IGREXA DE MONTEFURADO
MONTEFURADO
QUIROGA
LUGO
Igrexa parroquial, con influencias foráneas, é un edificio rural de época barroca que sobresae polas súas proporcións e elegancia. Consta dunha nave con planta de cruz latina con brazos anchos e prolongación do pé pola ancha base cadrada da torre.
Montefurado
San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).
Xeografía
Está situada á beira do río Sil, entre as dúas maiores serras de Galiza, o Macizo Central ourensán e a Serra do Courel. A influencia do río fai que esta zona goce dun clima continental mediterráneo, con temperaturas baixas en inverno e moi calorosas en verán.
Historia
A parroquia toma o nome do Monte Montefurado, tamén coñecido como "Boca do Monte". Foi construído no século II, en tempos do Emperador Traxano, para desviar o leito do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga conca.
Ten uns 400 metros de longo por 19 de ancho, e unha altura media de 17 metros. Unha difícil obra de enxeñaría para a época. Dise que os romanos talaron unha fraga de aciñeiras que había preto do lugar que aínda conserva o topónimo de Enciñeira para romper a roca a fogo. Os romanos estaban acampados no lugar de Sesmil, que toma o seu nome da lexión romana dese nome.
Lugares de Montefurado
Os Albaredos - Os Anguieiros - Centeais - Os Covallos - O Ermidón - Ferreira - O Ivedo - San Martiño de Alvaredos - San Miguel de Montefurado
Comarca de Quiroga
A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.
A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Parroquias de Quiroga
Santiago de Augasmestas
Santa María de Bendilló
Santa Baia de Bendollo
Santa Bárbara de Bustelo de Fisteus
Santa María de Cereixido
Santa Sabela de Enciñeira
San Mamede de Fisteus
Santa María da Ermida
San Salvador de Hospital
San Miguel de Montefurado
San Lourenzo de Nocedo
Santa María de Outeiro
San Salvador de Palacios de Sierra
San Marcos de Paradaseca
Santa María de Quintá de Lor
San Martín de Quiroga
Santa María Magdalena de Seara
Santa Marina de Sequeiros
San Antón de Vilanuide
San José de Vilar de Lor
San Lorenzo de Vilarmel
Santa María de Vilaster
San Cepriano De Parteme
Concellos da Ribeira Sacra
A Pobra do Brollón · Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · A Peroxa · A Teixeira · Pantón · Parada de Sil · Paradela · Pereiro de Aguiar · Portomarín · Quiroga · Ribas de Sil · Saviñao · Sober · Taboada . Carballedo
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901