CAPELA DA GUADALUPE
OS CASAS
POSMARCOS
A POBRA DO CARAMIÑAL
Virxe da Guadalupe
Localízase no lugar de Casás e está datada no século XVIII. Ao longo da súa historia pasou por situacións de esplendor e abandono.
A súa recuperación tivo lugar a finais do XVIII e principios do XIX.
A talla actual que preside a capela é de creación recente, posto que a anterior fóralle retirada polo estado de abandono da capela.
Hai, á beira da capela, un cruceiro sufragado por un matrimonio de campesiños tal como sinala o gravado no pé do mesmo, do século XVIII.
Todos os anos celébrase o segundo domingo de setembro unha romaría en honra á Virxe da Guadalupe na zona de Casás, coincidindo coa celebración das festas da Guadalupe no pobo veciño Rianxo.
Comarca de Barbanza
A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.Localízase no suroeste da provincia da Coruña.
Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.
MAPA
Fuente: Web xenealoxiasdobarbanza.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901