domingo, 11 de agosto de 2024

IGREXA DE SAN SALVADOR - A ARNOIA

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE ARNOIA

A ARNOIA

 Igrexa de San Salvador

       Das construccións relixiosas destacaremos a igrexa parroquial de San Salvador, fundada no ano 1612, data que aparece grabada na fachada. O seu retablo, de construcción popular, é obra dun carpinteiro local.

       Destaca na igrexa unha fermosa ventá románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior dóus escudos de armas, un del dun familiar da Inquisición.

        Nas proximidades atópase a casa rectoral, antigo Priorato que dependía do mosterio de Celanova; ostenta as armas da abadía fundada por San Rosendo: a cruz,o compás e o espello.

        Continuando coa arquitectura relixiosa, conta o municipio con diversas capelas de distintas datacións, así temos: San Roque, ou San Vicente, século XVIII, Nª Sª da Asunción en Lapela; San Antonio en Remuiño; San Amaro no pobo do mesmo nome, séculos XII e XV, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico. Neste mesmo lugar especúlase coa existencia dun antigo convento, e finalmente San Miguel, capela popular nun fermoso entorno poblado de vexetación na que abundan añosos carballos. Celébrase unha romería que convoca xentes de catro parroquias a primeiros de Maio.

A Arnoia
      A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

        Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O xentilicio é «arnoiao».

       Limita ao noroeste con Ribadavia, ao nordeste con Castrelo de Miño, ao leste con Cartelle, ao sueste con Gomesende e ao suroeste con Cortegada. Localízase na unión do río Arnoia, que divide o concello en dúas partes, co Miño.

           A zona nordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de piñeiros e frondosas. O canón do río Arnoia é escarpado e con fervenzas.

         Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle. Ás veces chegan peladores furtivos portugueses a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.

         A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m.

Patrimonio
      A igrexa parroquial de San Salvador foi construída en 1612, segundo se le nunha inscrición da fachada. O seu retablo, de construción popular, é obra dun carpinteiro local. Destaca unha fiestra románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior hai dous escudos de armas, un deles da Inquisición.

        A casa reitoral é o antigo priorado, que dependía do mosteiro de Celanova; ostenta as armas da abadía fundada por san Rosendo: a cruz, o compás e o espello.

      Hai varias capelas: a capela de San Roque data do século XVIII. A capela da Nosa Señora da Asunción, en Lapela. A capela de Santo Antón, en Remuiño. A capela de San Amaro data dos séculos XII e XV, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico. Na capela de San Miguel celébrase unha romería a primeiros de maio.

      Hai cruceiros no adro da parroquia, en Pumar (do século XVIII) e en San Roque (do século XIX). Hai petos de ánimas en Porqueira, San Amaro e Reza.

       A torre do Reloxo foi inaugurada o 17 de agosto de 1945. É unha torre de granito de máis de 14 m de altura. Situada preto da capela de San Roque, foi realizada polo canteiro de Remuíño Manuel García Vermello, coñecido como Manuel de Trinidá. Consta de tres esferas, visibles desde os dous vales de Arnoia. Está coroada por unha campá, e a súa construción custou 17.000 pesetas.

       Fora promovida xa cara a 1929 pola colonia emigrante en Montevideo, para regular as horas de rego. Pero non foi até 1945 cando se reflectiu a doazón do reloxo público da Torre por parte do Centro Arnoia de Montevideo.

Parroquias
     A Arnoia (San Salvador), Remuíño (Santo Antón)

Comarca do Ribeiro
        A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

         A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

 Fuente: Concello de A Arnoia

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901