jueves, 15 de agosto de 2024

PETRÓGLIFO LAXE DAS CRUCES - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 PETRÓGLIFO LAXE DAS CRUCES

TOURÓN

PONTE CALDELAS

     Ponte Caldelas convídanos a descubrir o singular petróglifo de Laxe das Cruces

     Os expertos consideran este gravado rupestre un dos mellores de Galicia.

      Trátase dun petróglifo de gran tamaño que combina figuras xeométricas con escenas de caza.

       Un dos recursos turísticos menos coñecidos de Ponte Caldelas é, probablemente, o seu legado arqueolóxico, aínda que o concello conta no seu territorio cun parque rupestre de gran interese: a área Arqueolóxica de Tourón.

     Trátase dun xacemento de 150.000 metros cadrados que ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres con gravados e que dispón, ademais, dun pequeno centro de interpretación.

       Do rico conxunto de gravados do parque, o máis importante é o petróglifo de Laxe das Cruces, cuxa contorna foi obxecto recentemente de labores de limpeza e roza para que luza en todo o seu esplendor.

      Afortunadamente, a zona apenas resultou afectada polos incendios.


      Os expertos consideran o petróglifo de Laxe das Cruces como un dos mellores e máis completos petróglifos de Galicia, fundamentalmente pola súa complexidade. 

        Nunha rocha de gran tamaño mestúranse figuras xeométricas moi elaboradas e variadas con escenas de caza, e todo iso cun gran cervo como figura central.

        A representación do animal é unha rareza na súa tipoloxía, xa que está gravado co corpo baleirado, no canto de estar unicamente definido polo trazo do perímetro.

      Tamén destaca o petróglifo Nabal de Martiño, que é de gran tamaño e reproduce escenas de caza. 

      Xunto aos dous que mencionamos, atópanse outros gravados rupestres de menor tamaño, todos eles sinalizados e identificados para a súa correcta comprensión e interpretación e ordenados en estacións rupestres.

      Desde Ponte Caldelas convidan a todas as persoas interesadas no mundo da arqueoloxía para descubrir a área de Tourón e estenden a invitación a todos os centros de ensino galegos.

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo Rias Baixas

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901