CRUCEIRO PETO DA BURATA
A BURATA
TARAGOÑA
RIANXO
Conxunto do ano 1848 formado por un cruceiro e un peto de ánimas.
O cruceiro nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas rematadas en chafrán posúe unha inscrición no que aparece o ano da súa construción, e di o seguinte:
“A DEVOCION DE
FRANCISCO TU
BIO Y LU
CIANO
DE CAS
TRO”
O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe diferentes relevos que representan os símbolos da Paixón: Martelo, tenaces e escada.
O seu capitel aparece decorado con volutas, follas e querubíns.
Finalmente a cruz, de sección octogonal con remates en flor, no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cunha espada cravada no peito e sobre peaña de querubín no reverso.
O peto de ánimas está feito con pedra granítica, e é de tipo aberto. Na parte inferior aparece o caixón das esmolas, hoxe sen porta.
Na parte superior podemos ver a representación de seis ánimas entre as lapas do Purgatorio, todas elas nunha pedra con forma ovalada.
O peto tamén ten unha inscrición, aínda que moi erosionada e pouco lexible.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901