jueves, 1 de agosto de 2024

IGREXA DE SANTIAGO DO DEÁN - A POBRA DO CARAMIÑAL

 IGREXA DE SANTIAGO DO DEÁN

A POBRA DO CARAMIÑAL

 Igrexa de Santiago do Deán
            Anterior ao templo existía segundo os historiadores, un castelo que pertencía ao Deán de Santiago que era o señor feudal da vila e aínda que se construíu a igrexa existindo aínda o castelo, este será destruído polas revoltas Irmandiñas en 1457.

      Aínda que non quedan restos do castelo, se hai restos de murallas do século XVII e XVIII. Complétase o conxunto histórico cun cruceiro e varias casas tradicionais  restauradas xa no século XX.

       Na actualidade a igrexa está rodeada por dúas dos pazos con máis soleira do municipio como son o Pazo do Couto e a Casa Grande de Aguiar, (o outro quizais sexa a Torre de Xunqueiras) e no tempo da súa construción case comendo co mar, comezouse a construír a finais do século XIV.

        Pertencen as súas orixes ao gótico mariñeiro, estilo arquitectónico propias de comunidades  mariñeiras, moi semellante a outras igrexas como a de San Martiño de Noia.

     Ademais, ten detalles doutros estilos como o  plateresco, renacentista, neoclasicista e barroco.

     Das igrexas de Pobra do Caramiñal, esta quizais sexa o templo cun maior interese artístico.

     Consta dunha única nave xunto a unha capela poligonal na cabeceira á que se lle engadiu a sancristía xunto a sete capelas laterais de épocas e estilos diferentes.

     A nave está dividida en cinco tramos por arcos lixeiramente apuntados que soportan a cuberta. Descansan sobre grosas semicolumnas encaixadas nos muros. Nos capiteis destacan curiosas representacións do bestiario medieval.

      O presbiterio e a ábsida poligonal construíronse a finais do século XIV e principios do XV. A ábsida está cuberto cunha fermosa bóveda de abanico reforzada por finos nervios que se apoian en columnitas.

       A Capela de Alba construíuse en 1579 e é de estilo renacentista. No seu interior construiranse retablos barrocos de gran valor entre os séculos  XVII e XVIII.

      Na fachada destacan as esculturas que representan a Santiago Peregrino, Santa María, Santa Catalina de Alexandría e os Santos Pedro e Pablo. No gran arco de entrada has relevos cos símbolos evanxelistas no arranque e Cristo Maxestade na clave.

     Nesta igrexa celébrase cada terceiro domingo de setembro o Nazareno, cuxa acto máis importante é a Procesión das Mortajas que se celebra, segundo consta nos anais da historia do municipio, desde o século XV.

MAPA 

 

 Fuente: www.xenealoxiasdobarbanza.es

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901