IGREXA DE SANTA CRUZ DE LESÓN
SANTA CRUZ
A POBRA DO CARAMIÑAL
Santa Cruz de Lesón
Ao pouco de iniciar a estrada que nos levará a un das paraxes máis emblemáticas deste concello como é o das Piscinas Naturais do río Pedras atópase esta pequena igrexa cuxos primeiros datos da existencia dun templo no lugar de Santa Cruz de Lesón é no século IX.
A igrexa actual data do século XVII. É de pequenas dimensións e consta dunha nave única con capela maior e sancristía encostada ao corpo principal da igrexa.
Aínda que dá servizo ás xentes do lugar é dependente doutra igrexa, a de Santiago de la Puebla do Deán.
A nave, de planta rectangular está formada por un único tramo cuberto cunha bóveda de canón rebaixada. Ao campanario pódese acceder desde unha tribuna.
A capela maior é algo máis estreita, tamén de planta rectangular e cuberta da mesma forma, cunha bóveda de canón rebaixada.
As paredes exteriores son de cachotería revogada e pintada salvo na fachada principal que é de sillería de granito. Nesta fachada principal hai un rosetón sobre unha portada rectangular e sen máis ornamentación.
Ten dous resaltes laterais imitando pilastras que rematan en pináculos.
A cornixa crébase no centro formando unha plataforma horizontal sobre a que se apoia a espadana, dun corpo con dous vans rematados en arco de medio punto e coroado por un tímpano curvo.
MAPA
Fuente: www.xenealoxiasdobarbanza.es
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901