O MAMUT DO INCIO
VAL DO MAO
O INCIO
Instalouse na parroquia de Val do Mao unha escultura que lembra o achado en 1961 do único fósil desta especie atopado en Galicia
No municipio do Incio instalouse unha réplica a tamaño natural de dous mamuts, un exemplar adulto e unha cría, dentro dunha campaña promovida polo Concello que aproveita a circunstancia de que este municipio é o único de Galicia onde se atoparon restos desta especie prehistórica.
As esculturas colocáronse xunto á estrada LU-641, nun terreo cedido pola comunidade de montes de Reboiro e acondicionado polo Concello. A paraxe atópase preto dos límites do municipio de Samos.
Os restos fósiles do mamut do Incio foron atopados en 1961 nunha canteira de rocha calcaria situada na localidade de Buxán e pechada fai xa moito tempo, que nesa época era explotada pola empresa Cementos do Noroeste. Os ósos foron estudados no seu día polo soado xeólogo Isidro Parga Pondal e polo paleontólogo Emiliano Aguirre, que despois sería o primeiro director das escavacións dos xacementos de Atapuerca. Os restos consérvanse no Museo de Historia Natural Luís Iglesias, pertencente á Universidade de Santiago.
VIDEO
MAPA
Autor: Francisco Albo
Fuente: La Voz de Galicia
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901