PETO ESMOLEIRO DE SAN ANTÓN
RÚA VILAR 33
O BACELO
PALMEIRA
RIBEIRA
Peto que podemos ver na fachada principal dunha vivenda privada.
O conxunto consta dunha imaxe de Santo Antón co Neno no colo, todo dentro dunha caixa de cristal e metal.
Na parte superior vemos unha cruz metálica.
A caixa para o correo funciona tamén como peto para as esmolas segundo se pode ler nun pequeno cadro cun bordado.
Palmeira
San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira.
Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.
No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.
Xentilicio
Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán.
Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes.
Comarca de Barbanza
A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña.
Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901