miércoles, 24 de julio de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO - A IGREXA - LEIRO - RIANXO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO

A IGREXA

LEIRO

RIANXO

Igrexa de Santa María de Leiro
       A de Santa María de Leiro é un templo románico do século XVII que presenta unhas dimensións exteriores máximas de 24,20 por 9,70 metros.

      Consta dunha única nave de planta rectangular con ábsida na cabeceira que conforma o presbiterio.

        Accédese a ela a través dun arco triunfal de medio punto e está cuberta con bóveda estrelada.

     A nave principal é de bóveda de canón rebaixada, feita en madeira e cos cimbros á vista.

       Ós pés presenta tribuna con escada de caracol de acceso que transcorre polo interior do campanario. A sancristía está engadida á ábsida con posterioridade.

      Os muros son de cachotaría e a fachada principal e a torre de cantaría. A torre é de planta cadrada e está situada no lateral dereito da fachada, composta por tres treitos; o primeiro totalmente liso, do século XVIII, sen decoración; os dous últimos son posteriores e de estilo barroco. Remata en cúpula.

       A fachada principal consta de porta rectangular, posiblemente maior cá orixinal, xa que desborda o arco de medio punto, enmarcado por xambas e con adornos florais nas arquivoltas.

        Sobre a porta hai repisa e dosel en forma de cunca coa imaxe da Virxe co Cristo en brazos.

      Enriba ábrese un pequeno rosetón con dobre caída. A caída é a dúas augas con tella curva do país.

        No interior da nave hai un pequeno baptisterio no lado do evanxeo e dous altares de pedra colocados diagonalmente nos ángulos do fondo. Tamén se atopa un curioso sarcófago e no muro contrario un fermoso escudo.

         No cemiterio consérvase parte do cruceiro de capeliña de Leiro debuxado por Castelao (As cruces de pedra na Galiza, lámina LXXIV), reutilizado parcialmente sobre a tumba do párroco José Combeiro Rodríguez.

MAPA

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901