lunes, 22 de julio de 2024

SANTUARIO DA VIRXE DA ARMADA - A ARMADA - RABAL - CELANOVA

 SANTUARIO DA VIRXE DA ARMADA

A ARMADA

RABAL

CELANOVA

A Armada
     A Armada é un lugar da parroquia de Rabal no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

      Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 1 muller. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

 Rabal
     San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Historia
      Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres.

     De todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.

      Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia).

      Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental.

     No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.

       Nun documento que recolle a venda que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Lugares de Rabal
     A Abelleira, A Armada, Ponte Fechas, Rabal da Eirexa, Rabal de Arriba, San Paio

Comarca da Terra de Celanova
       A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

      A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901