sábado, 20 de julio de 2024

MUIÑO DO RÍO DO MONTE - REGO DE SAIÑAS - SAIÑAS - PALMEIRA - RIANXO

 MUIÑO DO RÍO DO MONTE

REGO DE SAIÑAS

SAIÑAS

PALMEIRA

RIBEIRA

 Figueirido
     Figueirido é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

       Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

     No lugar está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Palmeira
     San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. 

      Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

     No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Xentilicio
      Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán.

       Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes.

Comarca de Barbanza

      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

 XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. Andrés Alejandro Pérez Romay14 de octubre de 2024, 2:55

    Como propietario estou encantado de ver o noso Muiño publicado en Xoan Arco da Vella.!Gracias!.Pero o Muiño ubicase na aldea das Saiñas,non na aldea do Figueirido.E a Parroquia de Palmeira pertence o Concello de Ribeira non o de Rianxo.Agradeceriavos que puidesedes poñer a dirección correcta, gracias.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901