domingo, 21 de julio de 2024

SURRIBAS - FROUFE - O IRIXO

 SURRIBAS

FROUFE

O IRIXO

Surribas
      Surribas é un pequeno casal da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño.

     Tiña 4 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 2 mulleres. 

     Por el pasa o Rego de Surribas que desemboca 4 quilómetros despois no Río Viñao

Lugares de Froufe
     Cebral, O Covelo, Frixe, Froufe, Parteme. Sidre, Silvares, Subirol, Surribas

Froufe
      San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
        A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior.

     A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave.

        Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.

         O retablo maior é de orixe manierista, sendo modificado posteriormente. Ten banco con pinturas manieristas sobre táboa representando temas en relación coa Paixón do Señor, dous corpos e ático. Leva unha talla dun Santo Antón, dunha Inmaculada pisando o dragón infernal e de San Roque.

        No ático hai unha imaxe de San Xosé e alusión popular ós Evanxelistas Marcos e Lucas nas representacións escultóricas dos extremos. Consérvase o sagrario-expositor primitivo do retablo. O retablo esquerdo é neoclásico, de 1834, coa imaxe da Virxe do Carme. O retablo dereito é barroco, da segunda metade do século XVII.

        O 6 de novembro de 1678 foi ratificada de forma solemne a confraría de San Xoán de Froufe. Na entrada do templo hai un cruceiro con pousa de comezos do século XIX. E Subirol hai un peto de ánimas de 1992, cunha pequena imaxe de María Auxilladora.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901