domingo, 21 de julio de 2024

PETROGLIFO DOS MOUCHOS - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 PETROGLIFO DOS MOUCHOS

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

 Petroglifo dos Mouchos   
      Conxunto de gravados, na súa maioría de cervos, situados nunha laxe preto da praia das Cunchas.

      As recentes tarefas de limpeza melloraron o acceso ata as dúas laxes, xa que estaban bastante cubertas pola vexetación ata hai pouco.

      Chama a atención o gran cervo na pedra inferior cunha figura antropomorfa pouco visible no alto da laxe. E tamén a maneira de transmitir o movemento coa representación de patas con tres liñas, semellante a outros petróglifos da península do Barbanza.

Brión
      Brión é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

       Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 327 habitantes (163 homes e 164 mulleres).

Leiro
        Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

     Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado.

Patrimonio
    Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Festas
      As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.

Lugares de Leiro
      Abuín, Brión, Cabanas, A Igrexa, Meiquiz, Or, Palleiro, A Pedreira, Rañó, Rial

Comarca de Barbanza
      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

      Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.


MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901