PUNTAL DA BRAÑA
ISORNA
RIANXO
Conxunto de tres cruces situadas no Puntal da Braña, que forma parte dun vía crucis á beira do río Ulla, xunto ao Cruceiro do Cabo, en Quintáns.
Conxunto de tres cruceiros, co do medio de maiores dimensións, alzado nunha punta baixa, rochosa, que se prolonga nunhas pedras que se poden cualificar de illotes coa marea alta.
O conxunto presenta un detalle curioso: o cruceiro da esquerda non está en liña cos outros dous, senón que mira para eles.
Os dous dos extremos son sinxelos, cun mínimo grosor na parte superior do fuste que fai as funcións de capitel.
O do medio, que parece moito máis elegante e domina a paisaxe, sigue o patrón: ten pedestal cuadrangular rematado en chafráns, fuste en dúas partes (a primeira rectangular e octogonal a segunda).
O capitel é octogonal con ábaco de lados curvos e vértices en chafrán, adornado con volutas, follas e a Cruz de Santiago.
Cruz de sección octogonal con remates cuadrangulares, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso.
Aínda que forman parte do conxunto tres cruceiros, o nome alude a Trece Cruces, posiblemente por un naufraxio, do que non existe documentación escrita, que nalgún tempo se lembrara con trece cruces de madeira.
Forma parte dun vía crucis excepcional en toda Europa, que preside a ruta da Traslatio, como último itinerario do Apóstolo Santiago desde terras de Xerusalén até Iria Flavia, e que están situados nas ribeiras da Ría de Arousa e do río Ulla.
Desde o ano 1965 foron emprazados en lugares preeminentes e cada cal máis excepcional, grazas a doazóns de institucións públicas (algúns foron trasladados dende o seu emprazamento orixinal con oposición dos veciños) e persoas privadas que se converteron en mecenas e protagonistas do que hoxe é o Ruta Xacobea do Mar de Arousa. Este fora doado e feito polo Concello de Rianxo.
VIDEO
MAPA
Fuente: Web obaixoulla.gal
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901