viernes, 1 de marzo de 2024

TORRE DO RELOXO - O POMAR - A ARNOIA

 TORRE DO RELOXO

O POMAR

A ARNOIA

     Torre de planta cadrada feita a base de perpiaños graníticos cunha altura de algo máis de 14 metros.
A parte máis alta posúe unha pequena campá.

     En tres das súas caras podemos ver as esferas do reloxo.

      Esta edificación é obra do mestre canteiro Manuel García Vermello, coñecido como Manuel de Trinidá, veciño do cercano lugar de Remuíño.

       Esta obra, que no seu momento custou 17.000 pesetas, foi costeada pola “Sociedad Arnoia” de residentes en Montevideo (Uruguai) e polo Concello de Arnoia , e foi inaugurada o 17 de agosto de 1945.

     Esta torre do Reloxo fora promovida xa cara a 1929 pola colonia emigrante en Montevideo, para regular as horas de rego. 

       Pero non foi até 1945 cando se reflectiu a doazón.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA



 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901