jueves, 7 de marzo de 2024

IGREXA DE LONGOSEIROS - LONGOSEIROS - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE LONGOSEIROS

LONGOSEIROS

O CARBALLIÑO

 Longoseiros
     Santa Mariña de Longoseiros é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2013 tiña 159 habitantes (70 homes e 89 mulleres), 24 menos ca en 1999.

Lugares de Longoseiros
      
Enfesta, Godás de Cima, Godás do Río, Longoseiros, Ponterriza

O Carballiño
     O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é carballiñés.

Xeografía
     Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao.

      Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.


Parroquias
     Arcos (Santa María), Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán), O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901