CRUCEIRO EN PARDESOA
IGREXA DE SANTIAGO DE PARDESOA
PARDESOA
FORCAREI
Pardesoa
Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 191 habitantes, sendo 86 homes e 105 mulleres.
Lugares de Pardesoa
Fixó, Pardesoa, A Portela de Lamas, Pousada, O Río, San Marcos, O Sisto.
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.
Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.
A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.
Situación
Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901