miércoles, 13 de marzo de 2024

REGO DOS LADRÓS - DEVESA DE ARRIBA - PRESQUEIRAS - FORCAREI

 REGO DOS LADRÓS

DEVESA DE ARRIBA

PRESQUEIRAS

FORCAREI

 Devesa de Arriba
     Devesa de Arriba é un lugar da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei.

     Segundo o IGE en 2008 tiña 33 habitantes (12 homes e 21 mulleres), menos ca en 2007.

Santa Mariña de Presqueiras
      Santa Mariña de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 125 habitantes (52 homes e 73 mulleres).

      En 2004 tiña 195 habitantes (120 mulleres e 75 homes), 27 menos ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Topónimo
     Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, referido a un lugar onde abundan as pedras.

Lugares de Santa Mariña de Presqueiras
      Alfonsín, Cernadelo, Devesa de Abaixo, Devesa de Arriba, Fontegrande, Penalba, Ratel, Regotraveso

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

       A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
       Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

Historia
      A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.

       En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901