martes, 12 de marzo de 2024

CAPELA DE SAN VICENZO - SAN VICENZO - AVIÓN

 CAPILLA DE SAN VICENZO

SAN VICENZO

AVIÓN

 San Vicenzo
       San Vicenzo é un lugar da parroquia de Avión no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.

      Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 79 habitantes (34 homes e 45 mulleres), seis menos ca en 2010 (35 homes e 50 mulleres).

Lugares de Avión
     Beresmo, Cernadas, San Vicenzo, San Xusto

Avión
      San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

       En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000.

       Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.

Patrimonio
      A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.

      A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.

      A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901