martes, 5 de marzo de 2024

ESTACIÓN DE TREN DE O CARBALLIÑO - AVD. VINTECINCO DE XULLO - O CARBALLIÑO

 ESTACÍÓN DE TREN  O CARBALLIÑO

AVD. VINTECINCO DE XULLO

O CARBALLIÑO

 Estación do Carballiño
    O Carballiño é unha estación de tren de Adif situada na vila do Carballiño, na provincia de Ourense. 

       Conta con servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 279,177 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 396 metros de altitude, entre as estacións da Friela-Maside e Boborás. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
      A estación foi inaugurada o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-O Carballiño da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña. 

      A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
       O edificio para viaxeiros é un amplo edificio de planta rectangular formado por dous pisos.

      Ten a particularidade de posuír unha torre de tres pisos nun dos seus laterais. A fachada conta tamén cun pequeno frontón no que se incrusta un reloxo de agulla.

       Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías (vía 3 plataforma lateral, vía 1 e 2, plataforma central).

      Outras cinco vías máis numeradas como vías 4, 6, 8, 10 e 12 completan as instalacións. 

      As dúas últimas son vías mortas que dan acceso a un peirao de carga cuberto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901