lunes, 11 de marzo de 2024

CAPELA DO SEÑOR DO ENCONTRO - A FORTALEZA - VALENÇA DO MINHO

CAPELA DO SEÑOR DO ENCONTRO

A FORTALEZA

 VALENÇA DO MINHO 


Fortaleza de Valença
       A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui. 

      O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.

Historia
         Disque a ocupación cun castelo (Castelo de Valença) se remonta á invasión romana da Gallaecia.

       O forte sería ocupado durante o reino suevo e o posterior Reino de Galiza.

       Xa despois da escisión do condado portugués de Galiza, no século XII para o XIII, construiríase o vello castelo para a defensa da poboación e da travesía nese treito do río.

Descrición
      Coa reconstrución das defensas que transformaron Valença nunha praza forte, a poboación ficou separada do río por unha rede de baluartes de cachotaría de granito e de patamais que se comunican entre si por medio de fosos e de pasaxes superiores.

      Planimetricamente, a fortaleza, ao abrigo dun intricado conxunto de baluartes, revelíns e fosos, ficou dividida en dúas grandes áreas que se comunicaban pola chamada Porta do Meio: o sector Norte, que abrangue a antiga vila medieval, e o sector Sur, unha área menor e máis aberta: a chamada Coroada.

Turismo
         Valença, por ser vila raiana, é dende finais do século XX un destino popular de turismo galego de feira e para a compra de diferentes artigos, salientando os téxtiles.

       As murallas de Valença agochan multitude de tendas (‘’lojas’’) de artigos para o lar, enxoval, así coma restaurantes e cafés, de moita sona tanto no Norte de Portugal coma no sur de Galiza. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901