PAZO DE COTÓN
NEGREIRA
A CORUÑA
Este pazo ofrece moita dificultade á hora de precisar as súas raíces medievais, debido ós numerosos engadidos dos últimos trescentos anos. Amosa unha ducia de pedras armeiras que nos recordan ós Mariño de Lobeira, Luaces, −os seus donos doutrora−, Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara e aínda hoxe conserva a aparencia de pequena cidadela ameada.
O pazo de Cotón atravesa o que hoxe é a carreira de San Mauro, antigo
Camiño Real, cunha tripla arcada con salóns de paso á capela palaciana.
No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos
ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX.
Aínda do XX son algunhas partes,
como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do
barroco de placas, de acceso á planta superior, conectando coa chamada
Galería de Pedra, sobre piares de placas e que enlaza cun paseo-solaina
de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado, que fan abrollar
ese aire de fortaleza medieval.
O recinto relixioso, que nos evoca a lenda dos santos Amaro e Ero, foi
construído no século XVIII, con estrutura de tres naves, separadas por
esveltos piares de placas. Foi bendicido e inaugurado no ano 1860. Loce
un retablo neogótico dos anos da Postguerra Civil (1940).
Garda coma
imaxes máis antigas as de San Amaro e Santa Lucía. Do Santo Amaro
consérvase dúas tallas; barroca a do retablo e neoclásica a de vestir. O
Frade Bieito con hábito negro, que porta un libro da regra monástica e o
báculo abacial. A Santa Lucia, virxe e mártir, esculpida hai trescentos
anos mide só 40 cms. É adolescente, de longa melena entrenzada. Leva
palma e prato redondo onde pousan dous ollos que nos miran. Cóbrea dúas
túnicas e o seu rostro despide serenidade.
No Cotón creárase tamén unha cofraría para a honra da Virxe do Carme no
1740. Tivo capela de seu nas inmediacións da actual rúa do Carme, mais
agora non existe. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista
nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas
do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901