PETO SAN MARTIÑO
SAN MARTIÑO
VILABOA
SAN MARTIÑO
VILABOA
Obra de estilo popular, do século XIX, que figura “almiñas” no purgatorio con restos de policromía. Posúe tamén un cruceiro simple.
Configúrase como un monumento pétreo cunha iconografía que representa
figuras humanas envoltas nas lapas do purgatorio, aparecendo nun plano
superior unha especie de imaxe celestial que intercede por elas.
Está levantado por detrás dunha mesa altar de granito. Ten forma rectangular que se redondea nos seus ángulos superiores dándolle ao conxunto unha estructura piramidal.
A representacion articúlase en dous niveis e un par de escenas diferentes. No nivel inferior, aparece certo número de monstros que van situando os corpos dos condenados sobre unha grella martirial. A escena representa maldade e sufrimento.
No nivel superior, as ánimas que están a piques de se redimiren son axudadadas por dous anxos que se sitúan nos arcos laterais.
Por riba deste conxunto, e sobresaíndo en altura debido a un pequeno fuste e un moldurado capitel, un singular cruceiro que acolle, únicamente, á Virxe da Soidade, coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.
O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".
Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".
E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901