MUIÑO DA ALAMEDA
CHANTADA
LUGO
Chantada, e un escaparate dende o que dar a coñecer a Ribeira Sacra e a súa Vila e a hospitalidade dos seus habitantes, o seu casco histórico, a súa paisaxe, asombrarse coa maxestosidade da Ribeira Sacra, que modelada ó longo dos séculos, ofrécenos os saborosos caldos cos que nos podemos deleitar, especialmente na Feira do Viño onde se citan e dan a coñecer os produtores destes viños mencía.
Chantada tamén ten numerosos monumentos do Románico que se poden visitar facendo calquera das rutas turísticas que están á disposición do visitante.
Quen se achegue a Chantada no mes de febreiro poderá descubrir a singularidade e vistosidade do ancestral Entroido Ribeirao, cos seus volantes e peliqueiros...
Tamén poderá o visitante percorrer o chamado Camiño de Inverno, tramo do camiño de Santiago que ó seu paso por Chantada discorre por unha antiga calzada romana, no fermoso pobo de Belesar.
En definitiva, en Chantada hai moito que descubrir...
Chantada é a capital e o principal núcleo do Partido Xudicial e centro da bisbarra á que lle da o seu nome. Está integrada polos municipios de Carballedo, Taboada e Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42º 41' e os 42º 31' latitude Norte e entre os 7º 54' e os 7º 40' lonxitude Oeste. Ao Norte limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).
Na súa paisaxe diversificada diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste la Serra do Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483 m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.
A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, que fai as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial, formouse sobre un bloque de granito e xisto, cortado po faias e modelado pola erosión fluvial. Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O cume do faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou dos Ancares se o día está claro.
A rede fluvial, posúe unha disposición Norte-Sur, debuxando vales encaixados de fortes pendentes e grandes desniveis formando socalcos aproveitados para a explotación vitícola. A rede fluvial secundarias está formada por numerosos ríos e regatos entre os que destacan: o Asma, Lameiro, Enviade e o Camporramiro.
O clima ten un marcado carácter húmido e continental e, pese á pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm./anuais. Os invernos son suaves e os veráns calorosos con tendencia á sequidade, oscilando as temperaturas entre os 19' 5 ºC da máxima e os 6' 3 ºC da mínima. Nas serras, as condicións climáticas son máis extremas. En canto á vexetación abundan as especies autóctonas tales como castiñeiros e carballos e nas áreas máis elevadas, o mato.
Este medio natural, entre montes e ribeiras da acubillo a multitude de especies de fauna, como son: xabarís, lobos, raposos, corzos, coellos, lebres, perdices, aves insectívoras, paspallás, ratos, lagartixas, ourizos ou morcegos.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Moitas grazas por estas palabras tan fermosas da nosa terra Xoan. Saúdos desde Chantada, o 'corazón de Galicia'
ResponderEliminarGraciñas, bos dias..
Eliminar