IGREXA DE SAN PEDRO
LOUREDA
BOQUEIXÓN
Loureda
San Pedro de Loureda é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago.
Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 226 habitantes (122 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 254 habitantes.
Lugares de Loureda
Agra, Caneda, A Eirexe, Lamparte, Loureda, Midón, A Moa, O Outeiro, A Pena
Boqueixón
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.
Demografía
Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio é boqueixonés.
Xeografía
O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra.
Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.
Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.
Historia
O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar.
Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.
En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).
Festas e celebracións
Na parroquia de Lestedo celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Parroquias de Boqueixón
Boqueixón (San Vicente), Codeso (Santaia), Donas (San Pedro), Gastrar (Santa Mariña), A Granxa (San Lourenzo), Lamas (Santa María), Ledesma (San Salvador), Lestedo (Santa María), Loureda (San Pedro), Oural (Santa María), Pousada (San Lourenzo), Sergude (San Breixo), Sucira (Santa Mariña), Vigo (Santa Baia)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901