SANTUARIO DE AUGAS SANTAS
AS AUGAS SANTAS
PANTÓN
LUGO
Santuario de Augas Santas
Reconstruída no século XX, consérvanse restos románicos e góticos. Presenta unha nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto apuntado apoiado sobre xambas, tímpano con mochetas lisas e xambas decoradas; por riba hai unha ventá de arco redondo con doelas irregulares.
Tamén ten outras dúas portas con mochetas ornamentadas. Cabido sobre piares de pedra e aleiro con canzorros que representan a distintas figuras. A sancristía está apegada á ábsida. No interior conserva retábulos de estilo neoclásico con imaxes, salientando a da Virxe de Augas Santas.
Sobre un pedestal está a venerada imaxe de Santa Lucía.
Afamada romaría no segundo domingo de setembro. Nas inmediación atópase a coñecida como Fonte da Virxe, en mal estado de conseración, á que se lle atribúen propiedades curativas.
Tamén, formando parte do basamento dun cruceiro moderno que substituíu a outro máis antigo de madeira, pódense ver unhas rochas con cazoletas asociadas, posiblemente, a un antigo rito precristián relacionado coas augas; arredor delas discorre a procesión.
Pantón
O concello de Pantón está situado no sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense.
Os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil que a converten na "Mesopotamia" galega.
A súa extensión territorial é de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 2.600 habitantes.
A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120, a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal.
Parroquias
Acedre, San Román:
A Abelaira, Acedre, As Adegas, Budián, Cima de Vila, O Cotillón, A Oseira, San Román.
Atán, Santo Estevo:
Albarde, Cabo de Vila, Cima de Atán, Freán, Pesqueiras, Prado, Reiriz, Salgueiros, Segade, Seoane, Souto.
Cangas, San Fiz:
A Arribada, Guende, A Lama, A Martiñal, O Outeiro, San Fiz, Sernande, Serode.
Cangas, Santiago:
Aúde, O Barrio, Cangas, Cima de Vila, Güiande, A Oseira, Outeiro, Pacios, A Panfolía , O Pontón, A Tapada, Vilar.
Castillón, San Vicente:
A Eiroá, O Bargo, A Casanova, Castrotañe, A Cegoñeira, Cobreiro, A Costa, A Ermida, Galegos, O Mato, O Outeiriño, Pacio, Pereiro, Piñeiro, O Reguengo, Remesar, San Lorenzo, San Vicente, A Serpentiña, A Vila, Viñás, Virís, A Xesteira.
Castillon, Santiago:
Armental, O Barrio, Casdomato, Casgoiñas, Castillón, O Outeiro, Ral, A Veiga, Vilar, Vilarverde.
Deade, San Vicente:
A Cal, O Campo das Parras, Campo da Eirexa, Campo de Outeiro, Casdocende, Casebio, Cornide, Maside, As Nogueiras, O Pacio, Souto, Tanquean, Trigas, Vilanova.
Eiré, San Xulián:
O Barrio, A Casanova, A Costa, A Estrada, Faramontaos, Ferreiroá , Freixedo, Guítara, A Morá, Mosteiro, Nadal, Pedragude, Rodiz, San Xulián, A Santa Mariña.
Espasantes, Santo Estevo:
Barreal, A Cal, A Carballeira, A Casanova, A Famulia, O Fontao, A Granxa, A Lama do Río, A Lama, As Laxes, Pacios, A Quintá, Rousa, Sabaraz, O Souto, Vilaxilde.
Basillao, As Bouzas, A Capa, Os Castriños, O Castro de Ferreira, O Curro, A Estrada, Goián, A Lavandeira, O Mouro, O Mato, Os Ramos, Santadriao, A Torre, O Valiño, A Vila da Carreira, A Vila do Souto.
Frontón, San Xoan:
Amorín, A Barca, A Chaira, A Estación, Frontón, Lornís, O Outeiro, Seragude.
Mato, Santo Estevo:
Abuíme, Campoverde, Carreixas, Currás, Guimarás, Marrás, Pereiroás, Rial, Santo Estevo, A Torre do Mato.
Mañente, San Mamede:
Campelos, Couto, Eireos, A Estrada, A Fonte, Mañente, Outarelo, Pacios, O Pozo, Valado, Varela.
Moreda, San Román:
O Barrete, Cabo de Vila, Outeiro, Paderne, Palmelle, Salcedo, San Román, Viñas.
Pantón, San Martiño:
Augasantas, As Bornogueiras, Costa, Follés, Outeiro, Pantón de Abaixo, A Regueira, Regueiro, O Souto, O Verdeal, A Vila, Vilar.
Amandi, Barreiro, O Barrio, Bazal, O Cancelo, Cascaxide, Cascortés, Cibrisqueiros, Mación, Moredo, Outeiro, Penaveada, A Piuca, A Presa, O Priorato, O Regueiro, Ribas de Sil, San Cosmede, San Pedro, O Souto, Telleiros, A Torre de Vilamirón, O Torrón, A Touza, Vilamirón.
Ribeiras de Miño, San André:
O Bacelo, O Barreal, O Cabo da Aldea, O Campo, O Carballedo, O Carballo, O Cruceiro, O Ferroño, Porcís, Portabade, Ribela, O Xogo da Bola.
Següín, Santo André:
Següín, Vilafiz.
Serode, San Xulián:
Briallos, A Lama, Outeiro, Quintá, A Vila do Mato.
Sios, San Martiño:
Campelos, Fontepedre, A Lama, Outeiro, A Pena, Siós de Abaixo.
Toiriz, Santa María:
O Carme, O Castelalbo, Corvás, A Estrada, Frenzas, A Hedra, A Igrexa, Loureiro, O Outeiro, Pacios, A Pena, A Pousa, O Pumar, Saa, Souto, Souto de Xelo, Vilanova. Toiriz, Santalla: A Alfándiga, O Barrio, Cacerille, O Carme, O Cotelo, Docil, Matelas, O Mato, A Regueira, Santalla, Trasulfe, Vilar.
Toldaos de Abaixo, Toldaos de Arriba
Tribás, San Martiño:
Albaredo, Fontao, A Porta, Pumar, Tribás.
Vilamelle, San Cibro:
O Campo, A Casa Alta, O Castro, Floxón, O Lugar, O Mato, O Outeiro, A Pena, O Souto, Vilamelle.
Vilar de Ortelle, Santiago:
Areas, O Batán, Casanova, Eirexe, Lagariza, Marce, A Míllara, A Morá, Outeiro, Rachelo, Ramos, Rubiás, San Romau, Valboa, Vilar, Maiorga.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuentes: Patrimonio galego
Concello de Pantón
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901