IGREXA DE TROÁN
TROÁNS
CUNTIS
Troáns
Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas.
Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.
En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).
Cultura
Toponimia
O topónimo Troáns procede (pasando pola caída da lateral intervocálica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Thrudilanis e está composto por thrud, "forza", un sufixo diminutivo illa e a terminación do xenitivo latino.
Cuntis
Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio é «cuntense».
Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio é «cuntense».
Lugares de interese turístico
As augas dos mananciais do concello de Cuntis son sulfuro-sódicas e hipertermais, acadando até os 64 °C. O seu uso terapéutico está recomendado contra a reuma, a gota ou a psoríase. Antigamente tamén era recomendado para curar a sífilis.
Algúns dos mananciais están explotados por empresas privadas, a pesar das protestas veciñais que defenden o seu carácter público. Destacan os mananciais de Fogo de Deus (ou do Foxo, ou A Burga), de uso público; o da Carreira do Conde, de uso privado; o da Rúa Real; As Eiras (Eira Vella e Eira Nova); Os Forniños (Forno Novo e Vello); a Burga do Castro e A Barreira.
Parques
Parque da Feira: ampla zona de recreo, antigamente coñecida como As Codeseiras. Nel celébranse festas e romarías e sitúase o pombal e o hórreo da casa reitoral, o monumento homenaxe aos Canteiros, esculpido polo artista local Maxín Picallo Durán e un busto de Roberto Blanco Torres.
Parque de Maráns: nel está o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Desde el contémplase a vila de Cuntis desde un miradoiro.
Parque do Castro: situado á beira do río Gallo, é privado.
Outros lugares
O Penedo: unha poza do río Umia próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (Margaritifera margaritifera), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de Vilameán e O Casal pódese ver unha casona de cantaría cun gran hórreo, a igrexa parroquial e o calvario, rodeados dunha carballeira onde se celebran as romarías.
Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e Mesego, son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, Salnés e terras de Montes e A Estrada.
Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123): Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do Umia e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección aos petróglifos de Cequeril.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901