lunes, 16 de octubre de 2017

IGREXIA DE SAN MIGUEL DE OLEIROS - CARBALLEDO

IGREXA DE SAN MIGUEL DE OLEIROS
OLEIROS
CARBALLEDO
LUGO


San Miguel
      San Miguel é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Este lugar non figura no INE en 2016 como entidade con poboación, aínda que figura no Nomenclator de Galicia.



Toponimia
     O topónimo é un nome de santo, en latín Sanctus Michael nome hebreo latinizado que significa quen com EL= Deus.



Lugares de Oleiros   
      Ambasmestas, Bacelares, Carcacía, Cas de Moure, A Costa, O Fontao, As Gándaras, A Granxa, Lama, A Laxiña, Oleiros, A Pena, Porrás de Abaixo, Porrás de Arriba, A Ribeiriña, San Miguel, Sergudiño, Soutelo, A Touza, A Uz, Xibiriz



Carballedo
     Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio é carballedés.



Demografía
     Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes.


   
Xeografía
     O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.



     É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.


     O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.


Historia
     Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.



        Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.


      Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.


Toponimia
     O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.



Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: 
      Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.


Parroquias de Carballedo
     Aguada (Santa Baia), Buciños (San Miguel), Carballedo (Santa María), Cartelos (Santo Estevo), Castro (San Cristovo), Chouzán (Santo Estevo), A Cova (San Xoán), Erbedeiro (San Pedro), Furco (San Gregorio), Lobelle (San Cristovo), Lousada (Santiago), Marzás (Santa María), Milleirós (San Xoán), Oleiros (San Miguel), Pradeda (Santiago), San Mamede de Lousada (San Mamede), San Romao de Campos (San Romao), San Salvador de Búbal (San Salvador), Santa Baia de Búbal (Santa Baia), Santa Cristina de Asma (Santa Cristina), Santa Mariña do Castro (Santa Mariña), Temes (Santa María), Veascós (Santa Mariña), Vilaquinte (Santa María)



Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. xan, é interesante e tamén importante o traballo de reseñas de comarcas e terras de galicia.
    neste caso só fago unha pequena aportación: cando citas os lugares de Carballedo de nomes singulares, figura Ambasmestas, que é como se noemea agora; como curiosidade, na miña casa hay documentos dos séculos XVIII e XIX onde se lle chamaba augas mestas .

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901