IGLESIA DE SAN MIGUEL
ALBARELLOS
BOBORÁS
OURENSE
Boborás
O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.
O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio. Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias.
Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.
As
pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión
de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o
noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.
As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.
As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.
Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias aínda esconden.
Iglesia de san Miguel de albarellos.
Igrexa rural de características e valor artístico sinxelo, renovada no Século XVII, sendo a fachada barroca posterior, con torre central de dous corpos que levan na súa base balaústres.
Planta de cruz latina cunha soa nave abovedada. O cruceiro da igrexa cóbrese cunha cúpula con base octogonal no exterior.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901