QUESOS PAZO ANZUXAO
FOLIADA ETNOGASTRONÓMICA
CALDAS DE REIS
A música de artistas galegos acompañou durante toda a xornada as actividades gastronómicas.
Ademáis do xantar e cea, cun menu degustación, durante toda a xornada celebrarónse catas de diversos produtos da comarca e do resto de Galicia.
Entre viños, conservas ou mel, o turno dos queixos Pazo de Anzuxao chegou ás 18.30 horas.
A calidade dos queixos Pazo de Anzuxao ven avalada polos premios recibidos nestes anos.
Na derradeira edición da Cata dos Queixos de Galicia foi galardoado co primeiro posto e distinción de ouro na categoría D.O.P. Queixo Tetilla, entre outras 27 mostras. Ademais acadou un cuarto posto na categoría da D.O.P. Arzúa-Ulloa.
Os queixos Pazo de Anzuxao toman o seu nome do lugar no que son elaborados, en Lalín, un pazo do século XVIII. A experiencia de dúas xeracións de queixeiros, o leite de vaca acabado de muxir e 100% galego e un emprego xusto da tecnoloxía permiten producir un queixo que mantén o sabor tradicional.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901