miércoles, 2 de julio de 2014

EIRA DAS MOREIRAS - BOBORÁS

 EIRA DAS MOREIRAS
MOREIRAS
BOBORÁS
OURENSE


 Boborás
     O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.



     O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio.



     Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.




     As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.



     As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.


     As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.


     Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias  aínda esconden. é de estilo neoclásico.


Moreiras
     Santa Mariña de Moreiras é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.




     No ano 2007 contaba con 237 habitantes, deles 104 eran homes e 133 eran mulleres, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
 


Lugares da parroquia de Moreiras
     Fonte Moreiras,Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña de Arriba


MAPA
XOA ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901