IGREXA DE MOLDES
SAN MAMEDE DE MOLDES
BOBORÁS
OURENSE
Boborás
O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.
O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio.
Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.
As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.
As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.
As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.
Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias aínda esconden.
Igrexa de Moldes
Declarado Monumento Nacional. Posúe unha soa nave con ábsida rectangular que se abre ao exterior a través de un curioso van ben decorado.
Na súa fachada destaca a cruz dos templarios sobre unha espadaña e algunha inscrición que fai mención ao seu fundador.
Ten unha portada de arco de medio punto sobre dúas arquivoltas, destacando a decoración exterior de taqueado.
O tímpano leva unha cruz na parte baixa e tres baquetóns circulares e lisos con simbólica decoración de bólas.
Igualmente obsérvase unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino.
San Mamede de Moldes
San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.
Patrimonio
Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí.
Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí.
Sobre a súa croa érguese a igrexa de San Mamede de Moldes, de orixe románica e da orde do Temple. No seu interior atópanse os restos do escritor Antón Losada Diéguez.
Ao seu pé está o templo parroquial, de estilo barroco e no que dúas veces ao ano se celebra a festividade de San Bieito. A carón da igrexa nova está o campo da feira, a escola municipal e a casa de Manuel Chamoso Lamas.
Preto de alí atópanse dous pazos: o pazo de Moldes (onde viviu Antón Losada Diéguez) e o seu carón un pazo recentemente restaurado (pazo dos Tizón) onde se atopa a Adega Extramundi, de viño do Ribeiro.
Moldes conta con máis mostras do seu pasado como as ruínas do castelo de Castro Cavadoso (derruído na Idade Media na revolta dos Irmandiños) e ao seu carón a ponte medieval do mesmo nome que permite cruzar o río Arenteiro.
Na beira do río consérvanse restos dun muíño de auga, que aínda se utilizaba nos anos 40 e 50. Tamén, no lugar de Paradela, no que en aparencia é unha bodega, atópase unha antiga capela.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901