DOLMEN DE PEDRA CUBERTA
TREOS
VIMIANZO
A CORUÑA
Ten unha grande abundancia de restos megalíticos entre os que destacan os dolmens de Pedra Cuberta, a Casota de Freáns ou Pena Moura de Monte Carnio.
O castelo de Vimianzo (ou Torres de Martelo) mostra un excelente estado de conservación e pódese visitar.
Outra fortaleza defensiva, esta do século XVI, que merece ser destacada son as Torres de Cereixo situadas ó carón dunha igrexa románica que posúe a primeira representación da traslación do corpo do apóstolo Santiago o Maior.
Baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados... Iso contan as lendas e algo debe de haber porque o que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.
Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes laxas de pedra. En Galicia, coa abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden pola súa audacia construtiva.
Dolmen de corredor con cámara octogonal, de seis m de longo e un m e oitenta cm de alto.
É a única anta en Galicia que presenta restos pictóricos.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901