lunes, 11 de diciembre de 2023

PONTELLA DO REGUEIRO DO PRADO - SILVAESCURA - SOUTELO DE MONTES - FORCAREI

 PONTELLA DO REGUEIRO DO PRADO

SILVAESCURA

SOUTELO DE MONTES

FORCAREI

 Aldea de Silvaescura
      Recentemente iniciouse a escavación da aldea perdida de SIlvaescura, situada nos limites entre o monte de Soutelo de Montes e o de Trasdomonte da que só permanecen dúas estruturas a vista.

       Coñécense poucas referencias históricas documentadas desta aldea. A máis importante e a da redención dos foros da aldea de as Codesás ao convento de Aciveiro, documento datado de 1624.

     Son tamén referencia da historia deste lugar a toponimia do entorno, Su Casa, Silva Oscura, Camiño da Brea(referencia ao tránsito de actividade comercial cos mosteiros e Compostela).

      Co obxectivo de poñer en valor estes traballos estanse levando a cabo visitas guiadas por parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Soutelo de Montes
     Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei. É a segunda de maior poboación deste concello.

Demografía
     Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.

Historia
      No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.

      Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras.

     En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Festas e celebracións

    Festa do cogomelo, en novembro.
    Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.

A Madanela de Montes
     Santa María Madanela de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 578 habitantes, sendo 272 homes e 306 mulleres.

Patrimonio
     No IES Chano Piñeiro consideraron a posibilidade de que a orixe do topónimo puidese ser orixinalmente medanela diminutivo de meda. A igrexa parroquial inaugurouse en 1964.

Lugares da Madanela de Montes
      Ameixeiras, Os Codesás, A Graña, A Madanela, San Xusto, Sanguñedo, Soutelo de Montes, Trasdomonte, Ventosela

Parroquias de Forcarei     
      Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)

VIDEO


MAPA


 


 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901