IGREXA DE SAN FIZ DE BARÓN
BARÓN
O CARBALLIÑO
O Barón
San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Carballiño na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación.
Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 12 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de San Amaro.
O Carballiño
O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O seu xentilicio é carballiñés.
Xeografía
Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.
Historia
A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira.
Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.
Festas
Festa do polbo - 2º domingo de agosto
Festas de setembro
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación
No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901