CASTRO DE SAN LOURENZO
CEREIXA
A POBRA DO BROLLÓN
O castro de San Lourenzo presenta un perímetro total de preto de 8.800m2. O asentamento presenta un primeiro recinto circular cinguido por unha potente muralla aterraplenada.
Nalgúns tramos aínda se enxerga o muro de cachotería da cara externa da muralla, ergueita a base de coios de cuarcita.
O acceso á croa probablemente se ubica na estrema NE onde se empraza a cota máis alta do castro e quizabes se ubique un torreón defensivo vencellado á porta. Como singularidade cómpre remarcar a presenza dunha sorte de muradella discontinua en dirección N-S que divide a croa en dúas partes, e que non se corresponde cun valado de linde xa que non ten nada que ver co parcelario tradicional da zona.
Castro d’Alende ou San Lourenzo é un sitio arqueolóxico que se atopa na parroquia de San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo) sobre a marxe dereita do río Sáa na pequena dorsal que serve de transición entre a penichaira de A Chá de Castro e o val fluvial.
O castro, é un poboado fortificado ergueito trala conquista romana para albergar os traballadores nas explotacións auríferas da bisbarra entre os séculos I-II da nosa era.
Probablemente estivo vencellado tamén á metalurxia do ferro, polo que se trataría dun poboado especializado dentro da rede de castros que controlaban a minería nas bacías sedimentarias dos ríos Lor, Saa e Cabe.
En época medieval a poboación labrega de Cereixa construíu unha ermida na honra de San Lourenzo, que foi rehabilitada en 1876 para caer despois no abandono. A fins dos anos 60 e comezos dos anos 70 a ladeira suroeste do castro viuse afectada por unha explotación de grava e area. Actualmente a superficie do castro está ocupada por vexetación autóctona (nomeadamente carballos) e monte baixo.
A este primeiro recinto xúnguese pola cara E unha segunda muralla que acouta un espazo de reducidas dimensións, nada semellante ás terrazas que adoitan forman parte dos poboados fortificados da Idade do Ferro.
No extremo S, case sobre o parapeto, sitúase a bocamina coñecida como O Burato dos Mouros. Este é un elemento que consideramos diagnóstico para defender a cronoloxía romana do xacemento.
Nas coroas mineiras do NW adoitan documentarse prolongacións de foxos e murallas para abranguer dentro dos recintos recursos hídricos e mineiros importantes.
Este sistema de brachium (liñas de fortificación saíntes do recinto fortificado cun propósito defensivo prático) documéntase mesmo en establecementos militares romanos do NW.
MAPA
Fuente: Web Turismo da Ribeira Sacra
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901