jueves, 7 de diciembre de 2023

IGREXA DE SANTA COMBA DE TREVOEDO - SANTA COMBA DE TREVOEDO - MASIDE

 IGREXA DE SANTA COMBA

SANTA COMBA DE TREVOEDO

MASIDE

Santa Comba do Trevoedo
      Santa Comba do Trevoedo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2013 tiña 145 habitantes, deles 64 eran homes e 81 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Lugares de Santa Comba do Trevoedo
        Balteiro, A Carballeira, A Carrasca. O Pazo, A Pobanza, Santa Comba. O Trevoedo

Maside
      Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).

Situación
      O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m). 

     É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa.

       O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.

Historia
     Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).

      Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".

Patrimonio
      Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.

       Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.

Parroquias de Maside    
     Amarante (Santa María), Armeses (San Miguel), Garabás (San Pedro), O Lago (San Martiño), Louredo (Santa María), Maside (San Tomé), Piñeiro (San Xoán), Rañestres (San Mamede), Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901