CRUCEIRO PETO VARILLE
VARILLE
PARTOVIA
CARBALLIÑO
Varille
Varille é un lugar da parroquia de Partovia no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño.
Tiña 12 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 6 mulleres.
Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).
Partovia
Santiago de Partovia é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2013 tiña 281 habitantes (132 homes e 149 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 341 habitantes.
Historia
Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía esta parroquia e a veciña de Señorín, na que se fundou a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño.
Lugares de Partovia
Aguisar, As Caldas, O Covelo, Montegrande, Partovia, O Penedo, Porto de Eguas, Refoxo, Sona, Varille
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901