Igrexa de Santa María de Urdilde
A Igrexa de Santa María de Urdilde é o templo parroquial de Urdilde, situado no lugar da Calle, pertencente ao concello coruñés de Rois, en Galicia.
Cronoloxía:
A súa construción comezou no ano 1711 (Idade Moderna) e sufriu importantes reformas posteriores, sendo a máis destacada a realizada en 1833.
Arquitectura:
Conta cunha planta rectangular con corpos acaroados á nave principal.
Está edificada a base de perpiaño regular de granito e posúe un tellado a dúas augas.
Fachada:
É case lisa e acolle o campanario centrado. Como remate superior, destacan dous grandes pináculos nas esquinas. A porta principal serve como elemento decorativo enmarcado con orelleiras cadradas e coroado por un frontón triangular.
Interior:
Destacan as súas capelas laterais.
A carón da igrexa encóntrase o cemiterio parroquial, a Fonte do Cura e o lugar está situado xunto á estrada AC-543, que comunica Santiago de Compostela con Noia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901