CRUCEIRO DA IGREXA DE LUAÑA
SAN XULIÁN DE LUAÑA
BRIÓN
Cruceiro da igrexa de San Xulián de Luaña
O cruceiro da igrexa de San Xulián de Luaña sitúase no lugar da Igrexa, na parroquia de San Xulián de Luaña, no concello coruñés de Brión.
Localización:
Fronte á porta da igrexa parroquial románica de San Xulián de Luaña, nun lateral fóra do adro principal.
Estrutura:
Conta cun baseamento de catro chanzos.
A base é cúbica, coa parte superior redondeada e decoración de caveiras e outros motivos simbólicos nos seus ángulos.
Fuste e capitel:
O varal pasa de sección cadrada a octogonal.
O capitel ten volutas e amosa figuras esculpidas moi erodidas polo paso do tempo, cunha representación do Sacramento (custodia) debaixo da imaxe de Cristo.
Cruz:
De forma cuadrangular coas arestas rebaixadas.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901