lunes, 3 de julio de 2023

IGREXA DA VIRXE DA ASUNCIÓN - CASTROMAO - A VEIGA

 IGREXA DA VIRXE DA ASUNCIÓN

CASTROMAO

A VEIGA

 Castromao
     Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 6 entidade de poboación (A Eirexa, o Fondo da Aldea, o Cima da Aldea, O Barrio, o Salgueiral e o Cubo), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 33 habitantes, sendo 20 homes e 13 mulleres.

Xeografía
     Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).

Patrimonio relixioso
      A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. 

     O seu retablo é de finais do século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular.

 Destacan nesta igrexa o artesoado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados cos catro símbolos:
    San Mateo: simbolízase cun anxo (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de Xesús.
    San Marcos: simbolízase cun león, porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
    San Lucas: simbolízase cun boi ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
    San Xoán: simbolízase cunha aguia e a mirada dirixida ao sol porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.

     Estas esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do manierismo en Galicia.

Patrimonio histórico
     Na parroquia de Castromao hai un recinto defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro.

     O castro está situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas, e conta cun antecastro que a rodea.

     Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de leste a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foxo e parapeto.

Patrimonio etnográfico
     Fontes, lavadoiros, muíños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao.

Festas
     As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.

Lugares de Castromao  
     Castromao, Cima da Aldea, A Eirexa, Fondo da Aldea

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901