jueves, 13 de julio de 2023

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE - LUBRE - ARES

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE

LUBRE

ARES

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE
Descrición
     Finais do século XV e principios do XVI. Trátase dunha igrexa de notable antigüidade.

      Aparece na relación de igrexas que Afonso II lle mandou facer ao abade Tructinio no ano 830.

     Posúe grandes muros de pedra con enormes contrafortes, polo que as xanelas son escasas e estreitas.

     É dun estraño estilo gótico tardío ou de transición ao renacemento moi pouco frecuente en Galicia.

     Ten unha soa nave, unha ábsida cadrada e un adro diante da porta principal para se resgardar da chuvia.

     A porta é de arco semicircular sen adornos e un óculo con boceis na parte superior. Os arcos están adornados con molduras e os capiteis teñen lixeiros relevos.

     No seu interior destaca a bóveda estrelada da ábsida, de cinco claves cos nervios apoiados en columnas acobadadas nos ángulos.

     Os fustes son esveltos pero de rudos capiteis con sinxelos relevos.

     Consérvase unha lápida sepulcral con escudos que ostentan as armas de Calatrava.

     Foi unha igrexa refuxio que libraba os delincuentes da acción da xustiza.

Acceso
     Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de percorrer 1 km, tomar un desvío cara á esquerda e a uns 300 m está a igrexa.

MAPA

 

Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901